Blogia
avraham

O seguro de Saiz

Estaba Manolo acostumado a ir o primeiro na caravana que segue ó pelotón. Ós ciclistas que viaxan normalmente a cola de grupo xa lles era familiar o “¡Venga, venga!”. Ese berro desgarrador co que Saiz anima e atemoriza ós seus pupilos. Nesta temporada o coche de Saiz viaxa con demasiada frecuencia moi lonxe dos ciclistas. Mal síntoma. Agora que os seus ciclistas non o visitan tanto durante as etapas, pregúntome con que se entreterá Manolo. Un pasatempos pode ser o de revisar e ler a letra pequena do seu seguro. Trala caída de Beloki no Tour e o desastre de Nozal en Abantos, Saiz fartouse de xogar ó cupón. Comezou a pensar que a sorte non estaba con el polo que decidiu facer un seguro. Acudiu a Liberty cos que contratou a póliza máis elevada. A tarifa Heras. Un seguro a todo risco que o protexía principalmente dos accidentes na montaña.Lugares nos que padece vértigo. A ansiedade por cambia-lo seu signo fixo que Saiz firmara sen ler a letra pequena. Sobre todo pasou por alto unha cláusula respecto a Heras. Nela advírtese que esta póliza non cubre posibles accidentes no estranxeiro. Algo que Manolo xa comprobou no pasado Tour. Porque aínda que no ciclismo non soe haber nada seguro, Saiz ten no seu equipo a un que case nunca falla. Un rapaz de Chapela que cumple tanto en Francia como en Burgos. Marcos Serrano. Todo un seguro.

1 comentario

Anónimo -

Primero: "ABRAHAM ENANO HABLA CASTELLANO".
SEGUNDO: la once no era un eqipo de ciclistas, habia dios, es decir jaja para los que no entienden y a su lado unos que hacian bici como pasatiempo.
Jaja se fue y el equipo once tambien...