Blogia
avraham

Vou contarvos un conto triste

Había unha vez un lugar no sur de Galicia chamado Mos. Polas estradas e bosques deste concello podíase ver coa súa bicicleta a un dos rapaces da familia dos Pereiro, ó Óscar. Non lle daba mal o rapaz a isto do ciclismo e dende novo gañou moitas carreiras tanto nas estradas coma nos bosques do sur do seu país. Óscar foi facéndose maior e vía coma os seus compañeiros cambiaban a bici polo coche que compraban cos cartos do seu primeiro contrato en Citroen. Sen embargo el decidiu ser diferente e quixo facer da súa afición a súa profesión. Apostou polo ciclismo mais ningúen apostou por el. Coma tantos outros galegos (onte publicouse un informe que amosa co salario dos galegos é o máis baixo de España) tivo que colle-lo macuto e abandona-la súa terra. Marchou cara a nosa terra irmán e no seu exilio portugués conseguiu sobrevivir coma ciclista. Dende as catacumbas deste deporte partiu cara terras suízas, destino de tantos compatriotas seus nos anos cincuenta, para formar parte dunha gran multinacional do ciclismo. Pereiro labrouse no Phonak un nome dentro do ciclismo mundial e onte rematou sexto no prólogo por diante de Ullrich, Hamilton ou Moreau. Unha actuación que o sitúa no olimpo dos deportistas galegos actuais xunto a Raña e Salgado e na sección de breves do Telexornal Deportes da TVG. Cando dentro dun mes retome os seus adestramentos polas estradas do sur de Galicia, a maioría da xente seguirá sen coñecelo e preguntándose porque desta terra non saiu ningún ciclista bo despois de Álvaro Pino.

3 comentarios

Juancorso -

¿qué se puede esperar de un país donde el deporte nacional es votar a alguien como M. Fraga?

Andrés -

Neste país non se sabe aproveitar o bo e o único que se fai é confiar en "futuras" promesas que xa subimos ó podio antes de comezar a súa carreira. É triste pero é así e case nunca se cumplen os pronósticos.

gemminha -

que historia tan triste, mais éncheme de orgullo e satisfacción que fales xa na nosa lingua. Porén, ando vestida de preto, a selección irmá perdeu a eurocopa. hoje nada pode ir peor...jajajja