Blogia
avraham

Un segredo a voces

Entón dixo a Virxen de Fátima “ veredes resucitar ciclistas, a outros subir como nunca na súa vida, cousas incribles” Ningún dos pastorciños soubo nese momento que quería dicir aquilo. Agora xa se sabe cal era o terceiro secreto de Fátima. Todo gracias a Jesús. Manzano claro. O iluminado do deporte español relatou que na pasada Volta a Portugal foi cando vira a luz. A causa deste miragre fóra a utilización de productos dopantes en mal estado. Todo o equipo Kelme abandonara na segunda etapa alegando unha intoxicación alimentaria. Un feito que non fai máis que confirmar un segredo a voces. En Portugal aínda hai barra libre.
A lista de inscritos deste ano na Volta lusa máis que un pelotón semella unha redada contra a dopaxe. Corredores cun pasado marcado e equipos cunha fama ben gañada. Basta con analizar ó equipo máis forte desta carreira, o Maia. Dos nove ciclistas que presentan, ó menos cinco xa pasaron unha temporada na sombra. É histórica a viaxe que o ano pasado fixo este conxunto a Francia. Foi cruzar os Pirineos e comenzar a saltar as alarmas. Un positivo tras outro. Unha experiencia que evidenciou que os miragres de Fátima non funcionan máis alá de Lourdes.

3 comentarios

Brais -

chatin.K prosa lirica n galego!! si señor,notanse esas clases particulares do noso idioma patrio. So quero engadir unha cousa: desde a desaparición do autentico crack e mellor escalador de todo-los tempos, ou sexa o CHABA, o ciclismo carece de practicamente ningun espectaculo que nos faga vibrar no sofa. So nos queda esperar que Lance nos abandone dunha vez por todas.Grande CHABA!! Morte a BASSO!! e se morre Lance tamén mellor!

owen -

José Miguel Elias ¡YONKI!

CuervoCelta -

chaval, no solo es en portugal....drogadictos en bici los ay en tos laos. y q sea la ultima vez q mezclas KELME y drogas, sino ya te dare yo pal pelo...¡¡¡Arriba equipo KELME!!!