Blogia
avraham

Un olimpo particular

Estiven onte botando contas. Calculei que o normal será que viva oitenta anos. Despois dividín entre catro. Vinte. Serán os xogos olímpicos que poderei presenciar. Parecen moitos mais pensándoo ben non son tantos. Vinte son os anos que teño e cada día me pregunto porque atallo me metín para chegar a eles. Se lle resto os cinco xa disputados, só me quedan quince. Analizando as contas de TVE, contando con que algún día terei que traballar, cos viaxes do inserso...Non esaxero, pero éstes poden ser os meus últimos xogos olímpicos. Polo menos tumbado no sofá. No meu particular olimpo.
Antes de someterme a longas sesións televisivas, creo que é necesaria unha certa reflexión. Marcarse unhas pautas para seguir os xogos. Porque tras doce horas diarias tumbado no sofá corres o perigo de perder a túa independencia mental. Convertirte nun fanático, nun ultra. Así que decidín elaborar unha táboa de dez principios. Todos eles co fin de ser o máis obxetivo posible. Dez mandamentos que se poden resumir só nun . Amarás o deporte sobre tódalas cousas.
1. A representación do meu país confórmana 16 deportistas. O seu abandeirado é o palista Alfredo Bea e as súas estrelas son Iván Raña e David Cal
2. Tódolos deportistas parten coa presunción de inocencia. Se un dá positivo é porque o resto son aptos.
3. O torneo de fútbol ten unha relevancia comparable cun Mundial. Se é tan fácil gañalo, ¿entón porque España ou Francia non foron capaces de clasificarse?
4. Os deportistas, sobre todo os españois, compiten para si mesmos non por un país. Os triunfos e as derrotas son unicamente deles.
5. Os deportistas que dan positivo son tramposos. A expresión drogadicto é pecado.
6. A selección española de ciclismo é un “Dream Team” da bicicleta. Gañar unha medalla depende demasiado da sorte.
7. A cobertura dos medios españois nos xogos só pode denominarse como ultranacionalista. A súa información non reflexa a grandiosidade destas citas.
8. Tódalas especialidades olímpicas son igual de complexas. O valor das medallas é idéntico.
9. O mellor deportista da actualidade non disputa estes xogos. Lance Armstrong non correrá, decisión incorrecta.
10. Por moitas medallas que gañen, os deportistas españois seguirán dispoñendo de trinta segundos en cada telexornal.

4 comentarios

gemma -

camarada Martínez! eu sei o que sintes. non me dan cheghado estas olimpiadas, sobre todo pola compañía que me farán nas longas horas sentanda nunha tenda onde case nunca se vende nada.
Força gimnasia rítmica, força tiro con arco, salto de pértiga e petanca. estes días vou mirar tódolos deportes que me poñan en horario de dez a unha e media e de cinco a oito e media. sejuro qu eti tamén. bikos companheiro

owen -

¿80 años? ¿Con tu ritmo de vida? Eso es menos creíble que Galicia llegue tener autodeterminación o que no vuelvas a disfrutar con una victoria de un español. No te preocupes, 30 segundos también los tendrá los deportistas gallegos en la TVG.

CuervoCelta -

Eso de tu ultima olimpiada..... me gusta el mandamiento numero 7, q cojones solo computen españoles!!! y tb me mola el 3, aparte aqui el oro sera nuestro!!! bueno neno, es muy tarde , si tal mañana comento mas,ah!! coma sempre o de semepre....¡¡¡Arriba equipo KELME!!!

C -