Blogia
avraham

A febre do ouro

O COI está estudando reformar a lista de probas olímpicas. Un dos criterios que se usa para valorar son as audiencias televisivas. Segundo isto non sería de estrañar que os dirixentes olímpicos rescataran unha competición da antiga grecia. A loita clásica. Modalidade semellante ó actual “Todovale”. Pelea sen regras na que non se gaña ata matar ó adversario. Unha proba que resultaría máis morbosa cun reality show e simbolizaría o espírito que reina nos días previos a Athenas.
No movemento olímpico desatouse a febre do ouro. Semella que todo vale con tal de conseguir o preciado metal. Ós membros do COI o ouro que máis lle chama é o das moedas. Sen embargo tampouco lle fan un feo a viaxes, becas para os fillos ou demáis regalos. Os deportistas prefiren o ouro puro das medallas. Aínda que a finalidade é a mesma. Fundir os colgantes para convertilos en dólares. O camiño preferido para chegar a este particular “El Dorado” é o máis curto. Pero tamén o máis perigoso. No momento no que os multan todos afirman que a culpa non é deles. Alguén lles indicou este camiño porque eles descoñecían o terreo. Mentres a policía pregunta quen foi, unha caravana de coches de luxo segue o seu camiño. Sen que ninguén os mande parar. Na dirección contraria ó espírito olímpico. Con rumbo a Athenas.

0 comentarios