Blogia
avraham

O noso heroe

Contan as lendas que as terras de Finisterre foron o berce de grandes heroes. Mitos celtas como o de Breogán ou demáis familia. Dese pasado esplendoroso aínda hoxe hai probas palpables. Algunhas de primeira man no caso do mitolóxico presidente deste santo país. Outras son evolución da especie nas que se observan rasgos propios daqueles superhomes. A forza, a resistencia, a sabiduría. Por exemplo en Iván Raña.O heroe da actualidade, o home que debe consegui-la primeira medalla dourada para esta nación. Xustamente foi unha medalla o que puxo en contacto ós dous mitos deste país. Ó evolucionado e ó primate. Ó heroe e ó tirano. A Raña e a Fraga. Foi o ano pasado durante a entrega de medallas no día da patria. Creo que a Iván entregáranlle unha de bronce(as de ouro estaban reservadas para “heroes” coma Cascos). No momento da entrega Iván descubriu a clave de D. Manuel. O segredo que o convirte en invencible. Decatouse de que todo se baseaba na unidade do equipo. Neste caso nun rabaño de caciques coa única idea de protexer ó seu líder, ó cabalo gañador. Tomou boa nota e trasladouno ó triatlón. Mañá Raña presentarase na saída con dous fieles escudeiros, coa única misión de protexelo ata o segmento de atletismo. A partir de ahí Iván debe sacar o celta que leva dentro.Correr por él, por Ordes, por Galicia. Entón cruzará a meta e rodearano coa bandeira do seu país. Branca cunha franxa azul. Sorte Iván.

4 comentarios

gemma -

Abraham volve, deixa de estudiar galego anal e escribe na blog. os teus fans botámoste en falta. ad+, non sei como vou vivir sen olimpiadas, necesito axuda. po favó

gemma -

DAVID CAL SEMPRE!!!!!!!!!!
esa forsa do morrasso q se note carallo! aí está a nosa terra berrando pola liberdade.
Ah abrahamcinho! non é por criticar, pero non sei q pensará o pai de Gemma Mengual cando descubra q, segundo a túa sabiduría, hai outro pai, o tal Pascual.

galiza ceibe, poder popular!!!!!!!!

Daniel Mourinho Hermida -

por fin fas un comentario a corde co teu nivel periodístico. ainda que raña fixera o posto vixesimo terceiro loitou por nos, os galegos.
Sempre nos quedará, mañán, David Cal o se non, Pekin con Gomez Noia. GALIZA CEIVE!!

abraham -

Non me gusta, pero o doble trap de hoxe vai irremediablemente para Gemma Pascual e Paola Tirados. Polo seu mal perder criticando ós xuices e denunciando unha conspiración. Aceptar a derrota, guapas.