Blogia
avraham

Parellas de feitos

Hamilton é un tipo moi sensible. Tivo que abandonar o Tour hundido pola morte do seu can. Trala súa particular vinganza en Athenas, no medio dunha explosión de cansancio e emoción, repetía extenuado unha soa frase. Quería estar coa súa muller, que alguén fixera o favor de avisala. A Paquillo hoxe pasoulle algo parecido. Despois de cruzar a meta unicamente era capaz de lembrarse da súa parella. Neste caso deportiva. Do seu adestrador, Manuel Alcalde.Unha relación que ía máis alá do deporte. Alcalde era o pai que necesitaba un neno prodixio como Paquillo, o diamante en bruto co que soña todo adestrador. Xuntos formaron un tándem que estaba recolocando a Granada coma capital dun reino. O da Marcha. A Alcalde a vida descalificouno de súpeto. A Paquillo nese momento entráronlle ganas de retirarse. Soamente a súa raza impediulle levantar os pés do chan para sempre. Conchita é boa conocedora desa tentación. Do desexo de abandonar. E moitas veces faino realidade. No medio dun partido a tentación supéraa e ela vaise. Ningúen se dá de conta máis a que queda xogando non é Conchita Senón a súa sombra. Sen embargo nestes xogos a sombra de Conchita é outra. A dunha experta en parellas chamada Vivi Ruano. Unha tenista extraña á que nadie viu nunca soa. Será porque vale dobre.

3 comentarios

gemma -

jajajajaaja! k gran home e mellor persona aytami, sobre todo para o contrincante.
buff! este ano estou descubrindo deportes q non podía nin imaginar, hai unha carreira de sillas de tres rodas para persoas non inválidas. este mundo éche toda unha sorpresa!

owen -

me ha gustado la historia de parellas. ah! es España, no Ejpaña, que pareces de extremadura, saludos

abraham -

O gañador deste doble trap é Aytami Ruano. Non se trata de ningún ciclista descoñecido nin nada deso. Aytami, con todo o meu respeto, é un elefante cun kimono de Ejpaña q protagonizou un combate lamentábel hoxe en Athenas. A culpa non é del se non do iluminado que tras descubrilo, posiblemente nun Mcdonalds, decidiu animalo a ser judoka