Blogia
avraham

O retorno do Blog

Tranquilos, xa estou aquí. Este weblog retorna ante a necesidade percibida de que alguén explique con sinceridade, a tumultuosa época na que está inmersa o ciclismo. O blog continuará na liña do ano pasado, a liña da obxetividade e do non fanatismo. Ademais o regreso deste espacio do deporte vén acompañado dalgunhas novidades. A principal será un comentario semanal adicado ó mundo do fútbol. Repito por se acaso, ó mundo do fútbol. Porque nos meus comentarios do tema que se falará será dun deporte que enfronta a dous equipos de once tíos cun balón polo medio. Fútbol en estado puro, non do que falan actualmente os medios. Esta apertura de temas non supón unha traición ós principios do blog. Soamente se trata dunha estratexia para captar audiencia. Aproveitar a ola, a masa do fútbol, para que se achegue ó ciclismo, deporte rei ata que alguén demostre o contrario, polo menos neste blog.

1 comentario

Villasuso -

Por fin el regreso... y con cambios... nada será igual que antes porque, después de que el señor Les nos avituallase con sus conocimientos, una nueva cultura dionisíaca impregna este blog. Abraham, recuerda. Tu pasado te vigila.