Blogia
avraham

Unha historia de amor

Moi bo rapaz, pero despistado. Din de Freire os que o coñecen. Excesivamente despistado, un empolado. Capaz de perderse durante horas nun adestramento por Lisboa, tendo que volver ó hotel en taxi cando a noite se lle botara enriba ou de aparecer co maillot do seu equipo holandés na previa deste Mundial. Moitos ven nos seus despistes ó lado excéntrico de todo xenio. Neste caso dun xenio enamorado. Un ciclista seducido por unha carreira, por un maillot. A camisola arcoiris de campión do mundo. Unha relación basada na fidelidade. Freire só pensa en conseguila cada ano, esquecéndose do Tour, da Vuelta... A maglia só quere ó cántabro. Trata con crueldade a todo aquel que a consegue tras derrotar a Freire. Con lesións, con mala sorte, gañándose a fama de prenda embruxada, gafe. Pasoulle a Vainsteins, a Cipolini ou a Astarloa. Esta vez a cita para recupera-lo tempo perdido era en Verona, a terra de Romeo e Julieta, a cidade onde fai cinco anos xurdira o amor. Sentía Freire nos días previos un formigueo máis intenso que nas outras citas. Nervioso pola presencia dun pretendente como Bettini, empeñado en evita-la reconcialición. Sen embargo por Verona volveu aparecer él. O tío do mazo en versión gafe. O mesmo que facendo das súas evitou os grandes duelos desta temporada. Desta bastoulle con abrir unha porta contra a rodilla de Bettini. Esmagado o grilo, eliminado o aspirante, Freire seguiu as instruccións da súa particular Celestina. Antequera foi no seu día quen os presentou. Nesta ocasión preparou o encontro. Controlou a carreira gracias a un equipazo e utilizou a Valverde como cebo. Para finalmente deixar ós dous cara a cara. Freire volveu cumprir e esta relación xa vai polo terceiro. Como o propio Óscar dixo na celebración, el é un ciclista de Rabo-bank.

5 comentarios

Gabriel -

"Moi bo rapaz,pero despistado" Din de Abraham os que o coñecen,un empolado,inda así queremoste Abraham pese os teus defectos...Un saludo y a ver s actualizas un poco el weblog.Recomendación: Non sexas monotemático hay outras realidades no mundo aparte do ciclismo,¿que tal uns temiñas de fútbol? Saludos

juancorso -

Me caes mal, no soporto tenerte al lado en el ordenador, como ahora. VIVA HONDURAS!!!

gemma -

compañeiro laiñofílico, a mirar se deixas de durmi-la mona e escribes aljo novo dunha ves. k non dijan q estás botadiño a perder por mirar 1 minifalda, jajajja

owen -

olé, si parece una web profesional y todo. Sobre el post qué decir. Que Romeo es Valverde y Julieta es Nozal.