Blogia
avraham

No me llames Dolores...

Cada un ten o que se merece. Varios exemplos. Catalunya e Galicia. Os habitantes dunha destas comunidades votan os seus propios partidos, os da outra non. Os políticos dunha delas loitan polos seus cidadáns, os da outra non. Cando se reparten os presupostos a unha delas páganlle ata os medicamentos, da outra rinse. Moralexa: Os cataláns son listos, os galegos seguimos durmidos. Outra mostra. Fai días escribía eu aquí sobre o positivo do mountainbiker Hermida, Jhony Pistolas. A maioría, entre os que me inclúo, desenfundamos rapidamente, esquecéndonos da palabra presunto. Crendo que Hermida era outro tramposo disfrazado de sherif. El non empuñaba o arma apuntando ós médicos ou á federación. Limitábase a usar a palabra explicando que o positivo non era tal. Tiña razón. O contranálisis demostrou que a medalla de Athenas é tan merecida como as disculpas que se lle deben. Un mea culpa como o que entoaron Nozal e Gutiérrez. Os dous españois que fracasaron no mundial contrarreloxo. Unha actuación que eles mesmos calificaron como desastrosa. Foron arrasados por un australiano canso de que ninguén o recoñecera como o merecido campión do ano pasado. Daquela Rogers gañara trala descalificación de Millar. Onte exhibiuse para que todos lle poidan chamar campión, sen rodeos, e de paso amosarnos os galegos o que é a alta velocidade. Non a do Plan Galicia.

1 comentario

CuervoCelta -

Bueno a mi al politica e sun tema q no me gusta tratar.. en cuanto al lo del Pistolas, abraham disculpate q para ti todo son drogras o tapaderas como los locales del barrio.