Blogia
avraham

O Gran Prix

Santi Pérez naceu nunha aldea da fronteira entre Asturias e Galicia. Un lugar onde ser escalador non é unha cualidade senón unha necesidade. Algo semellante ó que sucedeu nesta Vuelta. Montaña tras montaña, sen descanso. Buscábase con este recorrido o espectáculo. Un obxectivo que neste deporte conta cunha fórmula infalible. A de sangue máis sangue, a de pájara tras pájara. O que lle gusta ó afeccionado español. E se para divertirnos todos, vendo como os ciclistas reventan, hai que asfaltar subidas a bases militares ou camiños só transitados por pastores e ovellas, pois se asfaltan. Á xente hai que atraela con acción simple, fácil de dixerir á hora de bota-la siesta. Estilo Gran prix. Onde o público leva dez anos atraído polos golpes dos concursantes ou as embestidas das vaquillas. O culto ó sadismo. A aposta saiulle ben ós organizadores da Vuelta. Viuse moita sangue, moito espectáculo. Nunha batalla na que só existiron os españois. Unha versión de Guerra Civil en bicicleta. Un Gran prix no que cada equipo representaba unha comunidade ou unha provincia. Comunidad Valenciana, Illes Balears, Costa de Almería... Que gañou quen tiña que gañar. O que neste xogo sempre sabe cando vai explota-la patata ou por onde vai saír a vaquilla. Roberto Heras. O rapaz de Béjar, o señor da Vuelta.

0 comentarios