Blogia
avraham

A lei do oeste

Gústalle a Hermida ser coñecido como o Cowboy. Máis en concreto como Johny Pistolas. Así que cada vez que este mountainbiker, catalán de nacemento e case galego de adopción, vence nunha carreira, monta o número. En Athenas tras cruzar a meta non parou de desenfundar, apuntar, disparar e incluso finxir un suicidio. O espectáculo fóiselle un pouco das mans. Igual que agora a súa taxa de hematocrito. Os vampiros desenfundaron tan rapido que Hermida non puido reaccionar. Unha escea ultimamente demasiado habitual no mountain bike español. E é que España foi lugar de gravación de moitos westerns. Sobre todo no sureste, por onde anda a Vuelta estes días. Hoxe camiño da desértica cima de Aitana os protagonistas foron os indios. Os dunha tribu da zona valenciana, de espírito guerrilleiro e cun xefe supremo amante dos zafarranchos. Na primeira gran batalla da carreira, Belda e os seus romperon o control imposto polos enviados do gran sherif Armstrong e levaronse por diante a boa parte dos habitantes do poblado. Cadáveres coma os de Beloki, Hamilton ou Sevilla quedaban esparexidos polas cunetas. Os indios verdiblancos volveran toma-lo poder. Ata que chegou el. Acompañado agora polo seu antigo enimigo Nozal. Dispostos a impoñer a súa lei e a recordar que Heras segue sendo o máis rápido dos pistoleiros a este lado dos Pirineos.

1 comentario

daniel -

Falando de batallaas a mellor destes dias e a de linares e manolo saiz. eso si que e unha do oeste