Blogia
avraham

A farsa

Fai un mes disputábase en Burgos unha proba importante. Ciclistas de primeira fila, notable seguimento nos medios, catro etapas cuns recorridos espectaculares. Todo iso nunha provincia tan pequena que os ciclistas poderían percorrela nunha soa mañá. En Galicia estase a disputar a edición deste ano da Volta. Unha carreira que non se merece nin o nome. Trátase dunha proba para corredores amateurs, coa que se tenta cubri-lo baleiro trala desaparición fai catro anos da clásica Volta a Galicia. A de agora non é máis cunha farsa que serve de escudo á Federación Galega de Ciclismo e á Xunta. Dúas lacras para este deporte. Onte chegou as miñas mans a revista oficial desta edición da volta. Unha publicación difícil de calificar. Unha mestura entre a sátira e o esperpento. A seguir reprodúzobos o artigo co que Pilar Rojo, conselleira de deportes, dá a benvida:
O ciclismo é en Galicia un deporte en auxe, cunha vitalidade imparable( ahí queda iso) que se manifesta nun continuo incremento de clubs( ¡toma!). Esta situación reflicte, ó meu entender, o gran labor que a Federación Galega está a levar a cabo dende a base, cun ambicioso programa de tecnificación no que a Consellería de Deportes colabora de xeito decidido e incondicional( Pilar, estamos falando de ciclismo. Non de vela nin do Dépor). Esta proba, servirá sen dúbida para promocionar un deporte que conta cada día con máis adeptos e participantes.
No comment

0 comentarios