Blogia
avraham

O campión tranquilo

O secretario de Estado para o deporte, Jaime Lissavetzky, promete. Nótaselle que lle gusta isto e incluso que entende. Unha das súas ideas para os vindeiros xogos céntrase en descubrir diamantes en bruto. Nunha caza de talentos. Soa ben. Pero xa que estamos de caza, eu elixiría outros obxetivos. Unha especie a extinguir e que altera o ecosistema do deporte en España. A dos paparazzi do deporte (Antena 3, Marca, As...) Hoxe entereime que a algún desta fauna ocorreuselle comparar a David Cal con Forrest Gump. A comparación non merece comentarios. Como dixo unha periodista da Ser parafraseando ó personaxe de Spielberg “Tontos son os que din tonterías”. Descoñezo a identidade deste iluminado. Aínda que seguro é un dos que tachaba de incompetentes ós deportistas españois nos primeiros días dos xogos para logo ter que tragarse as súas palabras. Por sorte a Cal o que se diga sobre el non lle afecta. Sobre todo porque se atopa moi distante de aquí. Nun lugar ó que chegou tras remar contracorrente. Empuxado unicamente polo seu motor. Unha máquina que funciona a base de tranquilidade e que o levou ata un paraíso onde non atopa a ningún español. Ó olimpo do deporte.

4 comentarios

owen -

que grande David Cal con su bandera española con el toro sobre sus espaldas

gemma -

jajjaja! benquerido companheiro celtinha, olvidas q o verbo invitar noné directamente proporcional á persoa de Abraham, o que quero dicir é q, abraham é ajarrado por naturalesa. é incapaz de invitar (e de dar rejalos de cumpleanos-inda cha teño jardada, anano!-) por definición.así que, como non vaia eu por volunt´s propia míroo mal, jajjajaja.

nin bustamante nin bisbal, o mellor é david cal!!!!!!!!!!!!!
arriba esa forsa libertaria do morrasso carallo!

CuervoCelta -

1º Podias haberme avisado q lo de Biesla era en un articulo viejo...2º Dedicale al autentico campeon de la olimpiados, la union d elos argenitno, los triufadores por equipos, ORO en futbol, ORO en basquet, BRONCE enn hockey hierba...3ºGemma a ver cuando te invita a abraham a venir con nos de borrachera...

CuervoCelta -

Neno tu siempre rajando.. q mas da lo q digan, Cal es un fenomeno y punto. OE onde coño nombras a Bielsa??